#EActíVate: 6 meses. 5.000 empresas. Que siga a reactivación

Máis de 5.000 empresas adhírense a #EActíVate pola aceleración económica en só seis meses

16 de septembro de 2020
  • Hai medio ano do inicio do movemento #IstoNONtenquePARAR, que arrancou días despois da declaración do Estado de Alarma, co obxectivo de recoñecer o esforzo das empresas e dos traballadores que continuaron coa súa actividade para que a roda da economía no parase.
  • O 24 de maio, #EActíVate tomou o testemuño a #IstoNONtenquePARAR na desescalada para recoñecer o esforzo de empresas, empresarios e empresarias, traballadores e autónomos na recuperación económica, e dar visibilidade ás súas ideas e feitos.

Hoxe hai seis meses dende que o 16 de marzo de 2020 nacera #IstoNONtenquePARAR, a plataforma que durante o confinamento uniu e animou a non parar aos que traballaban garantindo as subministracións esenciais pese ás grandes dificultades. Dende este movemento alentábase a todas as empresas, emprendedores e autónomos que non podían traballar ou abrir o seu negocio a que continuasen activos, inspirándoos con casos de éxito reais que sucedían naquel momento para que tamén innovasen, reinventasen o seu negocio ou se readaptasen á nova situación. Como resultado, foron 3.000 as empresas que se adheriron a #IstoNONtenquePARAR, que se suman ás máis de 2.000 que se uniron a #EActíVate dende o 24 de maio ata o día de hoxe, sumando un total de 5.000 empresas que apoian as devanditas iniciativas.

Ambos os dous proxectos -#IstoNONtenquePARAR durante o Estado de Alarma e #EActíVate dende a desescalada- tiveron dous obxectivos comúns: acelerar e activar a nosa economía para superar as consecuencias sociais e económicas do impacto que a crise sanitaria pola Covid-19 xerou na nosa estrutura empresarial e industrial, e recoñecer e poñer en valor publicamente todas as empresas, empresarios e traballadores que co seu exemplo conseguen que a roda da nosa economía non pare.

Así, sumáronse empresas de todos os sectores e tamaños de todos os recunchos da xeografía nacional. Tamén se adheriron importantes organismos económicos do noso país, como cámaras de comercio e organizacións empresariais, así como federacións, confederacións e asociacións.

#EActíVate conta cunha plataforma (www.eactivate.com) que destaca diariamente casos de empresas que demostran con feitos como axudan á sociedade. Ademais, inclúe seccións que tiveron unha gran acollida entre o público como son os diálogos entre empresarios, os consellos, informes gráficos, estudos de actualidade e un amplo contido de valor tanto para o pequeno emprendedor como para grandes empresarios e empresarias. A iniciativa pon énfase nas maiores pancas de activación: a dixitalización, a sostibilidade, a empregabilidade, as infraestruturas, a produtividade  e a reinvención.

Dende que comezou a campaña de comunicación hai seis meses, xeráronse máis de 80 millóns de impactos en TV nacionais, nas que se mostraron un total de 315 casos de empresas como recoñecemento ao seu esforzo e que podían inspirar aos demais. As iniciativas apareceron en máis de 1.200 noticias en medios de comunicación, elaboráronse máis de 1.400 contidos de interese, e as diferentes seccións da páxina web foron vistas en máis dun millón e medio de ocasións. Actualmente, a iniciativa conta con máis de 11.000 seguidores en redes sociais, feito que permitiu que os contidos chegasen a máis de 7,5 millóns de usuarios.

En palabras de Paula Llop, coordinadora do proxecto, “tanto #IstoNONtenquePARAR durante o confinamento como agora #EActíVate son dúas iniciativas que axudaron a que miles de empresas, emprendedores e profesionais tivesen un recoñecemento ao seu esforzo. Cada día visibilizamos aos que reaccionan rapidamente, innovando ou readaptando a súa empresa ou negocio, ou formándose e actualizándose, porque cremos que estes exemplos poden ser inspiradores para os demais. E como repetimos dende o comezo, non se trata unicamente de non parar, senón de acelerar. Non é momento de poñer límites. Por iso, seguiremos centrándonos na importancia de impulsar a actividade económica, e seguiremos activos e unidos por un obxectivo común: lograr a recuperación económica o máis pronto posible”. 

Vídeo en español

Porque non é momento de parar, senón de acelerar.

Non é momento de poñer límites.

www.eactivate.com

Logo EActiVate