Novo carro de Mercadona coa entrada a unha tenda de fondo

Madrid – Mercadona incorpora o seu novo Modelo de Tenda Eficiente en dous centros da Comunidade

27 de novembro de 2017
  • Trátase dunha nova abertura, en Villaviciosa de Odón, que supuxo un investimento de 3,4 millóns de euros, e conta cun cadro de persoal de 36 traballadores, con emprego estable e de calidade. Na súa construción participaron unha media de 90 fornecedores, que deron emprego a máis de 140 persoas durante a fase de obra. Esta abertura supón o peche do supermercado que Mercadona tiña na estrada Móstoles-Villaviciosa, nesta localidade.
  • Ademais, reábrese após unha reforma integral a tenda que Mercadona posúe en San Agustín de Guadalix, que supuxo un investimento de 1,4 millóns, coa participación de 30 fornecedores que deron emprego a máis de 130 persoas durante a fase de reforma. Para alén de garantir o cadro de persoal anterior, Mercadona xerou 10 novos postos de traballo, estable e de calidade, adicionais.
  • Este novo modelo de supermercado, completamente conectado tecnoloxicamente, presenta un deseño e unhas seccións totalmente renovadas que melloran a experiencia total de compra dos clientes, cun aforro enerxético de até un 40% respecto dunha tenda tradicional.

Mercadona inaugura hoxe dous novos supermercados na Comunidade de Madrid, concretamente  unha nova abertura na R/Camino Bispo nº 1 en Villaviciosa de Odón e unha reabertura, após a reforma integral para o adaptar ao novo Modelo de Tenda Eficiente da compañía, na R/Félix Rodríguez de la Fuente nº 4 en San Agustín de Guadalix. Ambas as aberturas supuxeron un investimento global de 4,8 millóns de euros e a participación de 120 fornecedores, que deron emprego a un total de 270 persoas durante a fase de reforma. Os supermercados presentan un deseño renovado que mellora a distribución, a decoración e a disposición de todas as seccións co obxectivo de mellorar e optimizar a experiencia de compra dos seus "Xefes", como a compañía denomina internamente os seus clientes.

As dúas novas tendas eficientes de Mercadona en Madrid contan cunha superficie de sala de vendas de 1.643 e 1.658 metros cadrados respectivamente e dispoñen dun deseño totalmente renovado respecto do anterior modelo de tenda con novas cores e materiais, quer na fachada exterior de acceso ao supermercado quer na distribución das diferentes seccións. Apostan por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos diferentes ambientes.

Novidades en todas as seccións

Ademais, presentan novidades en todas as seccións das que se benefician tanto os “Xefes” (clientes) como os traballadores, os fornecedores e a sociedade. Dispoñen, por exemplo, dunha nova entrada con duplo acristalado que evita correntes de aire, de andeis específicos para o leite fresco e os zumes refrixerados, dunha máquina de zume de laranxa acabado de espremer, dun novo punto de acabado para a carne, dunha góndola central na perfumería para a cosmética especializada e dunha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha e especialidades de sushi, entre outras novidades. 

Este novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona tamén procura ofrecer un mellor servizo para facilitar o acto de compra dos clientes mediante a ampliación dos corredores da froita e dos vexetais, dun novo modelo de cesta da compra e de dous modelos de carros, moito máis ergonómicos e lixeiros.

Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas cotiás dos traballadores, este novo modelo de supermercado inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar os sobreesforzos. Para o deseño do novo moble de caixa, Mercadona contou coa colaboración do Instituto de Biomecánica de Valencia. Alén de dispor de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de lecer, así como dunha zona comedor máis equipada e duns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Aforro enerxético e xestión totalmente informatizada: tenda eco-eficiente

A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir até nun 40% o consumo enerxético respecto do modelo de tenda convencional, por mor da mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novas arcas de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosas co medio ambiente. Para alén de contar cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo as zonas e os momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente. 

Do mesmo xeito, este novo modelo de tenda de Mercadona, completamente conectada tecnoloxicamente, integra unha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaborativas para os traballadores, coas que poderen compartir información desde calquera sección da tenda, facilitando a autoxestión de cada supermercado e axilizando os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos encóntranse, por exemplo, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar as xestións administrativas. Todo isto permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, facilitando a toma de decisións e contribuíndo a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos. 

O horario de abertura dos supermercados é de luns a sábado, de 09h00 a 21h30 e dispoñen de aparcadoiro para facilitarlles o acto de compra a todos os clientes que se movan en vehículo privado. Ademais, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra online.

Con estas novas aberturas, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que a compañía emprega de xeito exclusivo e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Grazas a isto, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes unha variedade eficaz, con independencia de quen fabrique o produto, coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

Mercadona ten previsto para o exercicio 2017 investir 180 millóns de euros en reformar e renovar con este Novo Modelo de Tenda Eficiente 126 tendas repartidas por toda España, así como investir 5 millóns de euros en I+D+i en novas melloras informáticas.

Mercadona na Comunidade de Madrid

Co arranque destes dous supermercados, Mercadona mantén a súa aposta decidida pola Comunidade de Madrid onde conta, no peche do ano 2016, con 179 tendas e cun cadro de persoal de 9.760 traballadores, todos eles con emprego estable e de calidade. Do mesmo xeito, a compañía mantén relación comercial con 347 pemes desta comunidade e realiza compras a fornecedores desta comunidade por valor de 1.469 millóns de euros.

Situación do novo supermercado eficiente de Mercadona en Villaviciosa de Odón (Madrid):

Situación do novo supermercado eficiente de Mercadona en San Agustín de Guadalix (Madrid):