Iniciativa #IstoNONtenequePARAR de Mercadona

#IstoNONtenquePARAR suma máis de 3.000 empresas que impulsan a economía do país

05 de maio de 2020
  • A volta á normalidade produtiva, clave para a activación económica e social do país.
  • A iniciativa recibiu máis dun millón de visitas e converteuse nun referente empresarial e económico.

Agora que, entre todos, empresas, empresarios e traballadores, conseguimos durante máis de dous meses manter o ritmo constante e vital da nosa actividade industrial e comercial, é hora de centrar todas as nosas forzas en activar toda a economía. Porque a volta á normalidade produtiva é esencial para o desenvolvemento económico e social do noso país. Demostramos que podemos adaptarnos aos cambios, que a crise sanitaria en vez de paralizarnos fomentou a nosa creatividade, a disposición a asumir riscos e o afán de superación. E non imos parar.

A iniciativa #IstoNONtenquePARAR creábase a mediados de marzo, próximo á data que se declaraba o estado de alarma. O seu obxectivo sempre foi apoiar, dar visibilidade e recoñecer publicamente o esforzo e traballo das empresas, dos traballadores e dos empresarios que se reinventaron ou continúan coa súa actividade durante a fase de confinamento, promovendo así que a economía nacional siga movéndose. 

Máis de 3.000 empresas uníronse ao movemento #IstoNONtenquePARAR dende que se iniciou. Empresas pequenas, medianas e grandes, autónomos, traballadores, particulares e empresarios, de varios sectores e de todos os recunchos do territorio nacional axudaron a que a economía española no parase de golpe tras a detención do país ao comezo da crise sanitaria.

Grazas a todos os medios de comunicación, nacionais e locais, e a súa amplificación da mensaxe, as más de 600 noticias publicadas de  #IstoNONtenquePARAR chegaron a practicamente todos os recunchos do país. A web do movemento recibiu máis dun millón de páxinas visitadas e os seus vídeos reproducíronse 400.000 veces nas RRSS.

Son moitos os exemplos baixo esta iniciativa que poderíamos destacar, na web dispós de todos eles. Cada empresa achegou o seu gran de area, ben sexa adaptando a súa fábrica á produción de produtos esenciais ou doando alimentos aos que máis o necesitan. Empresarios, autónomos e directivos de alto cargo do panorama nacional que forman parte de #IstoNONtenquePARAR comentan as súas reflexións sobre a situación que está vivindo o país.

Clemente González, presidente do Grupo Alibérico e presidente de IFEMA declarou que será unha recuperación difícil e que o compromiso de todos será clave para saír desta crise. González comentaba hai unhas semanas que a supervivencia de moitas empresas e empregos está en xogo. Destaca a importancia de comunicarlle á sociedade todo o que se fai en pro da actividade económica e do emprego dende o coñecemento da realidade.

Alicia Asín, cofundadora e conselleira de Libelium, destaca: “É importante reinventarnos e adaptarnos. Canto antes volvamos á normalidade antes volveremos a reactivar a economía do país. As empresas teremos que buscar a forma de aumentar ao máximo a produtividade. Volveremos á normalidade, pero ata entón debemos manter o ánimo elevado para acostumarnos a esta nova situación que nos toca vivir.”

#IstoNONtenquePARAR tamén conta con iniciativas de autónomos como José Antonio Sánchez, taxista murciano con máis de 23 anos no sector. Este taxista, como moitos outros, viu os seus ingresos reducidos case nun 90%, aínda así, José Antonio presta servizo gratuíto a todo o persoal sanitario que o necesite, colabora no transporte de comida a centros sanitarios e realiza a repartición de material de protección entre residencias e comisarías.

Todas as empresas e traballadores coinciden na importancia de permanecer unidas e seguir loitando xunto a todos os seus traballadores. Tras a saúde e seguridade das persoas, a máxima prioridade é a recuperación financeira do país. O foco debe estar posto na activación do motor da economía, as empresas e os traballadores, eles son a clave para a superación desta crise.

Nos próximos días a iniciativa  #IstoNONtenquePARAR terminará a súa primeira fase e evolucionará ao movemento E-Actívate. Chegou o momento de iniciar o desenvolvemento. Actívate, porque quen supera a crise supérase a si mesmo. Actívate, porque activándote ti, activas todo un país.

Vídeo en español

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará