Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Croissant con Crema de Cacao Hacendado

Información sobre Croissant con Crema de Cacao Hacendado (bolsa 375 gramos)

08 de agosto de 2018

Grupo Siro comunicoulle a Mercadona que proceda a retirar dos seus supermercados o produto Croissant Con Crema De Cacao Hacendado (bolsa 375 gramos) con data de consumo preferente do 16/09/18 ao 6/10/18, inclusive, debido a un erro na etiquetaxe que lles afecta ás devanditas unidades ao non indicar que contén leite e/ou derivados como se fai de forma habitual.

Non se viron afectados pola retirada os supermercados situados nas comunidades de Catalunya, Murcia, Illes Balears e Comunidade Valenciana.

Este movemento realizouse de forma coordinada coas Autoridades Sanitarias da Comunidade Valenciana, dentro do marco de colaboración conxunto que teñen estipulado para este tipo de situacións.

Por iso, queremos trasladar o seguinte:

  • Grupo Siro e Mercadona póñense a disposición dos clientes que dispoñan do produto coas datas de consumo preferente indicadas anteriormente, para que poidan devolvelo e se lles reintegre o importe deste en calquera establecemento da cadea.
  • O produto é totalmente seguro para aquelas persoas que non teñen alerxia ou intolerancia asociada ao consumo de leite.
  • Ante calquera dúbida ou pregunta sobre o particular, os clientes poden chamar ao teléfono de atención ao cliente Grupo Siro (900 100 149) ou ao de Mercadona (900 500 103). Do mesmo xeito, a información estará dispoñible nas webs das dúas compañías.
  • Desde Grupo Siro pedímoslles desculpas a todos aqueles clientes que consomen habitualmente os nosos produtos polas molestias que lles puidésemos ocasionar.