AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Información sobre a Bebida Amorodo Plátano Soia Hacendado

Información sobre a Bebida Amorodo Plátano Soia Hacendado (Minibrick Pack 3 x 330 ml) do Lote L-D068DA

29 de maio de 2018

J. García Carrión comunicoulle a Mercadona que proceda a retirar dos seus supermercados o lote L-D068DA con caducidade o 03/09/2018 do seu produto Bebida Amorodo Plátano Soia Hacendado (Minibrick Pack 3 x 330 ml), porque contén trazas de proteína de leite de vaca. Este movemento realizouse de forma coordinada coas Autoridades Sanitarias da Comunidade Valenciana, dentro do marco de colaboración conxunto que teñen estipulado para este tipo de situacións.

Por iso, queremos trasladar o seguinte:

  • J. García Carrión e Mercadona póñense a disposición dos clientes que teñan o lote citado deste produto, para que poidan devolvelo e se lles reintegre o importe deste en calquera establecemento da cadea.
  • O produto é totalmente seguro para aquelas persoas que non teñen alerxia á proteína de leite de vaca.
  • Ante  calquera dúbida ou pregunta sobre o particular, os clientes poden chamar ao teléfono gratuíto de atención ao cliente de J. García Carrión (96 875 81 75) ou ao de Mercadona (900 500 103). Do mesmo xeito, a información estará dispoñible nas webs das dúas compañías.
  • En J. García Carrión levamos desde 1890 garantindo a calidade e a seguridade alimentaria dos nosos produtos. A todos os nosos clientes pedímoslles desculpas polas molestias que lles puidemos ocasionar.