Traballadora de Mercadona na sección de carnicería dun supermercado

Estas son as condicións laborais en Mercadona

22 de agosto de 2018
  • A compañía centra a súa política de Recursos Humanos en satisfacer os empregados de Mercadona.
  • As condicións laborais de Mercadona destacan por ofrecer un emprego estable e de calidade e cun salario por enriba da media do sector.

Os traballadores  para Mercadona son un activo moi importante. As 84.000 persoas que forman o cadro de persoal de Mercadona enfocan o seu talento cara ao propósito común de ofrecer un servizo excelente aos "Xefes" (clientes).

Para conseguir este obxectivo, é necesario que as traballadoras e os traballadores de Mercadona tamén estean satisfeitos, polo que a compañía aplica unha política de Recursos Humanos baseada en valores como o emprego estable, de calidade e cun salario por enriba da media do sector, entre outros.

Descubre cales son as principais condicións laborais de Mercadona para os traballadores.

Condicións laborais en Mercadona

  • Emprego estable e de calidade: O cadro de persoal de Mercadona dispón de contratos fixos dende o primeiro día cun salario que está por enriba da media do sector.

Datos do total do cadro de persoal de Mercadona e do salario de inicio do persoal base en 2017

  • Unha política retributiva diferencial por enriba da media do sector: As traballadoras e os traballadores de Mercadona incrementan o seu salario un 11% conforme avanzan en antigüidade na empresa, ata un máximo de cinco tramos.
  • Beneficio compartido: Os empregados de Mercadona son recoñecidos polo esforzo, e a compañía comparte con eles os beneficios logrados ao longo do ano.

Datos sobre a prima repartida entre o 98% dos traballadores de Mercadona en 2017

  • Igualdade e equidade: O Modelo de Recursos Humanos de Mercadona fomenta valores de igualdade, diversidade e tolerancia, polo que non se distingue por sexo, idade ou outra condición. A equidade é outro valor irrenunciable e materialízase a través do principio de que "a mesma responsabilidade, mesmo soldo".

Distribución do persoal base e directivo en función do sexo en 2017

  • Conciliación: Dentro do obxectivo de satisfacer os seus traballadores, Mercadona ofrécelles facilidades para conciliar a súa vida laboral coa familiar. Para iso, brinda a posibilidade de traballar con xornada reducida ou ampliar un mes a baixa por maternidade.

Datos sobre a conciliación da vida laboral e persoal dos traballadores de Mercadona en 2017

  • Formación e promoción interna: Mercadona aposta pola formación constante do seu cadro de persoal e destina importantes recursos tanto persoais como económicos. Tamén se fomenta a oportunidade de ascender internamente.

Datos sobre o investimento na formación dos traballadores de Mercadona en 2017

  • Transparencia e participación: Os traballadores de Mercadona son coñecedores dos obxectivos e da información relevante da compañía. Ademais, a súa participación e o diálogo fanse esenciais para o avance e desenvolvemento da empresa.

Estas condicións laborais de Mercadona foron recoñecidas pola Organización Internacional do Traballo (OIT), das Nacións Unidas, no seu estudo "O Emprego Atípico no Mundo".

Así mesmo, Mercadona é a primeira empresa do sector da Distribución Xeneralista en España e a segunda con mellor reputación na "Clasificación Xeral de Empresas 2018" no Monitor Español de Reputación Corporativa (MERCO).

Se queres saber máis sobre as condicións laborais en Mercadona visita na nosa web o espazo Emprego ou descarga a nosa Memoria anual.  

Imaxe da cabeceira: Eva, traballadora de Mercadona en Miralbueno , Zaragoza.