- A cadea de supermercados ofrece catro variedades aromáticas deste produto: Talco, Chai, Vainilla e Froitos silvestres.
- Francisco Aragón é o encargado de fabricar as referencias de candeas aromáticas nas súas instalacións de Molina de Segura (Murcia).
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, dispón nos estantes das súas máis de 1.600 tendas dunha ampla selección de Candeas Perfumadas de Bosque Verde, que teñen un grande éxito entre os clientes ao vender máis de 19.700 unidades diarias.
Os “Xefes”, como a compañía denomina internamente os clientes, poden elixir entre catro variedades de Candeas Perfumadas de Mercadona en vaso tales como Talco; Chai, que emula o aroma deste típico té indio; a tradicional Vainilla e Froitos silvestres.
A totalidade de referencias que compoñen a selección de candeas aromáticas está fabricada polo Provedor Totaler Francisco Aragón, cuxas instalacións se encontran en Molina de Segura (Murcia).
Selección de Candeas Perfumadas, no lineal de Mercadona.