Manga de Mercadona enteira e cortada.

Campaña de manga de proximidade en Mercadona

06 de outubro de 2017
  • Mercadona ofrece manga procedente de Andalucía nas súas tendas da Península e das Baleares.
  • A manga, unha froita tradicionalmente exótica, cultívase nos campos andaluces para Mercadona. 

Dende setembro, Mercadona vende nas súas tendas da Península e das Baleares manga cultivada nas provincias de Málaga e Granada.

A manga é unha froita perfecta para consumir como froita fresca, licuada, en sorbetes e mesmo xeados, en saladas e sobremesas ou para a elaboración de prebes para carne ou a súa gornición.

A aposta de Mercadona polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e os vexetais de proximidade, impulsou que a cadea de supermercados comprase a pasada campaña 1.800 toneladas de manga a fornecedores andaluces.

Para esta nova campaña, a compañía vai comercializar manga procedente de fornecedores da Axarquía (Málaga) en todas as tendas da Península e das Baleares.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) e os expertos en nutrición recomendan aumentar o consumo de froitas e vexetais ou un consumo mínimo de 5 racións de froita e vexetais ao día.

Mercadona, comprometida cos produtos de proximidade, apoia a iniciativa "Fruta y Verduras de aquí y de ahora" do Ministerio de Agricultura para recomendar o consumo de froita e vexetais de xeito regular. As froitas e os vexetais, caracterizados pola súa calidade, sabor e variedade, achéganlle vitalidade ao organismo. Alén diso, no marco do seu compromiso co sector primario español, Mercadona colabora con 8.000 agricultores, 12.000 pescadores e 4.800 gandeiros. 

A manga de Mercadona nunha versión innovadora

Mercadona tamén ofrece un prebe de manga con ingredientes 100% naturais elaborado polo seu interfornecedor Frutas Montosa.Trátase dun produto innovador que se suma á variedade de Mercadona caracterizada por ofrecer a mellor relación calidade-prezo para os seus clientes.