Traballadora de Mercadona no novo punto de acabado da carne

Cádiz – Mercadona implanta o seu novo Modelo de Tenda Eficiente en dous supermercados da provincia

01 de decembro de 2017
  • Estes novos supermercados eficientes reabren após unha reforma integral cun investimento conxunto de 3 millóns de euros e coa participación de 65 fornecedores que deron emprego a máis de 240 persoas durante a fase de reforma.
  • Estes novos supermercados completamente conectados tecnoloxicamente, presentan un deseño e unhas seccións totalmente renovadas que melloran a experiencia total de compra dos clientes, cun aforro enerxético de até un 40% respecto dunha tenda tradicional.
  • Alén de garantir o cadro de persoal anterior, Mercadona xerou 8 novos postos de traballo estables e de calidade adicionais.

Mercadona reabre hoxe dous novos supermercados eficientes na provincia de Cádiz: un deles situado en Costa Ballena (Rota), concretamente na Avda. Juan Carlos I, s/n, após unha reforma integral para o adaptar ao novo Modelo de Tenda Eficiente da compañía, cun investimento de 1,7 millóns de euros e a participación de 31 fornecedores que deron emprego a 120 persoas durante a fase de reforma, e un segundo supermercado situado en Sotogrande (San Roque), na estrada N-340, Edif. Mercadona P-3 ss 25ª, após unha reforma integral cun investimento de 1,3 millóns de euros e a participación de 34 fornecedores que deron emprego a 120 persoas para o adaptar ao novo Modelo de Tenda Eficiente.

Estes novos supermercados presentan un novo deseño que mellora a distribución, a decoración e a disposición de todas as seccións co obxectivo de mellorar e optimizar a experiencia de compra dos seus "Xefes", como a compañía denomina internamente os seus clientes. As novas tendas en Costa Ballena (Rota) e Sotogrande (San Roque), contan cunha superficie de sala de vendas de 1.658 e 1.828 metros cadrados, respectivamente, e dispoñen dun deseño totalmente renovado respecto do anterior modelo de tenda con novas cores e materiais, quer na fachada exterior de acceso ao supermercado quer na distribución das diferentes seccións. Alén de apostar por amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos diferentes ambientes.

Novidades en todas as seccións

Ademais, presenta novidades en todas as seccións das que se benefician tanto os “Xefes” (clientes) como os traballadores, os fornecedores e a sociedade. Dispón, por exemplo, dunha nova entrada con duplo acristalado que evita correntes de aire, de andeis específicos para o leite fresco e os zumes refrixerados, dun novo punto de acabado para a carne, dunha góndola central na perfumería para a cosmética especializada, dunha máquina de zume de laranxa acabado de espremer, dunha nova sección de forno con rebandadora de pan e pastelería refrixerada, dunha nova chacinería con xamón ao corte e mais envasado e dunha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha, entre outras novidades.

Este novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona tamén procura ofrecer un mellor servizo para facilitar o acto de compra dos clientes mediante a ampliación dos corredores das froitas e dos vexetais, e de dous modelos de carros, moito máis ergonómicos e lixeiros.

Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas cotiás dos traballadores, estes novos supermercados inclúen múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar os sobreesforzos. Para o deseño do novo moble de caixa, Mercadona contou coa colaboración do Instituto de Biomecánica de Valencia. Para alén de dispor de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de lecer, así como dunha zona comedor máis equipada e duns armarios persoais máis amplos e cómodos.

Aforro enerxético e xestión totalmente informatizada: tenda eco-eficiente

A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir até nun 40% o consumo enerxético respecto do modelo de tenda convencional, por mor da mellora do illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novas arcas de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosas co medio ambiente. Para alén de contar cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo as zonas e os momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente.

Do mesmo xeito, este Novo Modelo de Tenda de Mercadona, completamente conectada tecnoloxicamente, integra unha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaborativas para os traballadores, coas que poderen compartir información desde calquera sección da tenda, facilitando a autoxestión de cada supermercado e axilizando os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos encóntranse, por exemplo, a liña de caixas, as balanzas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar as xestións administrativas. Todo isto permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, facilitando a toma de decisións e contribuíndo a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos.

O horario de abertura de ambos os supermercados é de luns a sábado, de 9h00 a 21h30 horas, e no caso do supermercado de Costa Ballena dispón dun aparcadoiro de 165 prazas propias, ás que se suman outras 632 do centro comercial. No caso do supermercado de Sotogrande, dispón dun aparcadoiro de 162 prazas para facilitarlles o acto de compra a todos os clientes que se movan en vehículo privado. Ademais, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra online.

Con estas aberturas, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que a compañía emprega de xeito exclusivo e que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Grazas a iso, Mercadona pode ofrecerlles aos seus clientes unha variedade eficaz, con independencia de quen fabrique o produto, coa máxima calidade e ao mínimo prezo posible.

Mercadona ten previsto para o exercicio 2017 investir 180 millóns de euros en reformar e renovar con este Novo Modelo de Tenda Eficiente 126 tendas repartidas por toda España, así como investir 5 millóns de euros en I+D+i en novas melloras informáticas.

Mercadona na provincia de Cádiz

Mercadona conta con 49 supermercados na provincia de Cádiz que proporcionan emprego estable a máis de 2.391 traballadores. Por outro lado, cómpre suliñar que Mercadona ten reforzado ao longo do ano pasado a súa responsabilidade social na provincia por medio de diferentes iniciativas, con máis de 43.000 quilos de alimentos doados. Para alén de ter colaborado en múltiples "Operaciones Kilo" cos Bancos de Alimentos de Cádiz e mais de Alxeciras e en iniciativas como a "Gran Recogida de Alimentos" do Banco de Alimentos, en que os días 1 e 2 de decembro vai participar cos supermercados que posúe en gran parte dos concellos da provincia. Mercadona tamén colabora co Comedor Social Virgen Poderosa, en Cádiz capital, e mais co Padre Cruceyra, en Alxeciras, doando acotío produtos que retira da venda, mais que están en perfecto estado para o seu consumo.

Situación do novo supermercado eficiente de Mercadona en Costa Ballena (Rota, Cádiz):

Situación do novo supermercado eficiente de Mercadona en Sotogrande (Cádiz):