Cartel sobre o atún Hacendado con atún fresco como imaxe principal

Atún Hacendado: un peixe de Mercadona sustentable

26 de xaneiro de 2018
  • O 100% do atún en conserva Hacendado procede de fornecedores comprometidos coa sustentabilidade.
  • Alén diso, a compañía dispón dunha Política de Pesca para garantir que o peixe de Mercadona sexa sustentable.

O 100% do atún en conserva Hacendado procede de caladoiros xestionados de xeito responsable, grazas ao traballo e á colaboración constante de Mercadona e do seu interfornecedor Escurís (Jealsa-Rianxeira) coa International Seafood Sustainability Foundation (ISSF). A ISSF é unha coalición de científicos, membros da industria do atún e do Fondo Mundial para a Natureza (WWF), que ten por obxectivo mellorar a sustentabilidade dos stocks mundiais de atún coa implementación de diferentes prácticas.

O noso interfornecedor Escurís (Jealsa-Rianxeira) é auditado anualmente para verificar o seu compromiso con todas as prácticas de conservación promovidas pola ISSF, incluíndo a trazabilidade total do produto e a formación dos capitáns dos barcos en boas prácticas de sustentabilidade.

Todo o atún en lata Hacendado foi capturado por barcos que cumpren as  condicións a seguir:

  • Están abandeirados en países membros/cooperadores das RFMOs (Regional Fisheries Management Organisations), organizacións internacionais que administran todas as poboacións de peixes encontradas nunha área específica ou centradas en especies altamente migratorias, nomeadamente o atún.
  • Están rexistrados no PVR (Proactive Vessel Register), rexistro de buques proactivos da ISSF, e tamén o están os seus barcos auxiliares (de os teren).
  • O feito de estar no PVR implica cumprir unha serie de requisitos que se poden consultar no web da ISSF e que son auditados por MRAG Americas.
  • Contan con observadores a bordo: humanos ou electrónicos.
  • Reteñen o 100% das capturas, non realizan descartes.
  • Non empregan redes derivantes.
  • Prohibición do shark finning ou aleteo de tiburóns: é unha práctica que consiste en cortarlle a aleta ao tiburón e botar o corpo do animal para o mar.
  • Non realizan transbordos en alta mar.
  • Contan con número identificativo que permite dar seguimento aos barcos.
  • Empréganse FADs (fish aggregating devices), estes son tecidos de malla que non enlean, é dicir, a abertura da rede evita que outras especies queden presas nela.
  • Todos os barcos cumpren o Regulamento (CE) 1005/2008 que loita contra a pesca IUU.
  • Todos os barcos cumpren a política de pesca sustentable de Mercadona.
  • Existe total trazabilidade desde o barco de pesca até o consumidor final.

Toda a información sobre a sustentabilidade do atún en conserva Hacendado pode ser consultada aquí (documento en castelán).

Mercadona tamén dispón dunha Política de Compra de Produtos da Pesca que aposta por garantir a sustentabilidade dos produtos pesqueiros postos á venda. Todos os interfornecedores e fornecedores de peixe de Mercadona comprometéronse a cumprir con esta política que fomenta boas prácticas de pesca, apoia a pesca local e traballa por un consumo responsable.

Toda esta información está visible e accesible para os nosos clientes na cartelería das nosas tendas. 

Infografía sobre a tipoloxía de atún sustentable de venda en Mercadona

De xeito adicional a estas medidas, dentro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) do Pacto Mundial, iniciativa á que está adherida Mercadona desde o 2011, encóntranse o ODS 14 que promove a conservación e a utilización sustentable dos mares e dos recursos mariños. Este obxectivo fomenta, entre outras accións, reducir a contaminación mariña ou poñer fin a prácticas non sustentables de pesca.

Calidade, prezo e variedade do peixe de Mercadona

peixe de Mercadona ofrece unha gran frescura, variedade e prezo, ao provir de fornecedores especialistas e mais da colaboración con 12.000 pescadores de varias rulas da nosa costa. Alén de nos ofreceren en Mercadona peixe de rula directo do mar á tenda en menos de 24 horas.