- O 100% do atún en conserva Hacendado procede de fornecedores comprometidos coa sustentabilidade.
- Alén diso, a compañía dispón dunha Política de Pesca para garantir que o peixe de Mercadona sexa sustentable.
O 100% do atún en conserva Hacendado procede de caladoiros xestionados de xeito responsable, grazas ao traballo e á colaboración constante de Mercadona e do seu interfornecedor Escurís (Jealsa-Rianxeira) coa International Seafood Sustainability Foundation (ISSF). A ISSF é unha coalición de científicos, membros da industria do atún e do Fondo Mundial para a Natureza (WWF), que ten por obxectivo mellorar a sustentabilidade dos stocks mundiais de atún coa implementación de diferentes prácticas.
O noso interfornecedor Escurís (Jealsa-Rianxeira) é auditado anualmente para verificar o seu compromiso con todas as prácticas de conservación promovidas pola ISSF, incluíndo a trazabilidade total do produto e a formación dos capitáns dos barcos en boas prácticas de sustentabilidade.
Todo o atún en lata Hacendado foi capturado por barcos que cumpren as condicións a seguir:
- Están abandeirados en países membros/cooperadores das RFMOs (Regional Fisheries Management Organisations), organizacións internacionais que administran todas as poboacións de peixes encontradas nunha área específica ou centradas en especies altamente migratorias, nomeadamente o atún.
- Están rexistrados no PVR (Proactive Vessel Register), rexistro de buques proactivos da ISSF, e tamén o están os seus barcos auxiliares (de os teren).
- O feito de estar no PVR implica cumprir unha serie de requisitos que se poden consultar no web da ISSF e que son auditados por MRAG Americas.
- Contan con observadores a bordo: humanos ou electrónicos.
- Reteñen o 100% das capturas, non realizan descartes.
- Non empregan redes derivantes.
- Prohibición do shark finning ou aleteo de tiburóns: é unha práctica que consiste en cortarlle a aleta ao tiburón e botar o corpo do animal para o mar.
- Non realizan transbordos en alta mar.
- Contan con número identificativo que permite dar seguimento aos barcos.
- Empréganse FADs (fish aggregating devices), estes son tecidos de malla que non enlean, é dicir, a abertura da rede evita que outras especies queden presas nela.
- Todos os barcos cumpren o Regulamento (CE) 1005/2008 que loita contra a pesca IUU.
- Todos os barcos cumpren a política de pesca sustentable de Mercadona.
- Existe total trazabilidade desde o barco de pesca até o consumidor final.
Toda a información sobre a sustentabilidade do atún en conserva Hacendado pode ser consultada aquí (documento en castellano).
Mercadona tamén dispón dunha Política de Compra de Produtos da Pesca que aposta por garantir a sustentabilidade dos produtos pesqueiros postos á venda. Todos os interfornecedores e fornecedores de peixe de Mercadona comprometéronse a cumprir con esta política que fomenta boas prácticas de pesca, apoia a pesca local e traballa por un consumo responsable.
Toda esta información está visible e accesible para os nosos clientes na cartelería das nosas tendas.
De xeito adicional a estas medidas, dentro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) do Pacto Mundial, iniciativa á que está adherida Mercadona desde o 2011, encóntranse o ODS 14 que promove a conservación e a utilización sustentable dos mares e dos recursos mariños. Este obxectivo fomenta, entre outras accións, reducir a contaminación mariña ou poñer fin a prácticas non sustentables de pesca.
Calidade, prezo e variedade do peixe de Mercadona
O peixe de Mercadona ofrece unha gran frescura, variedade e prezo, ao provir de fornecedores especialistas e mais da colaboración con 12.000 pescadores de varias rulas da nosa costa. Alén de nos ofreceren en Mercadona peixe de rula directo do mar á tenda en menos de 24 horas.