Juan Roig durante la presentación de resultados de Mercadona de 2014.

As vendas de Mercadona medran un 2%, ata os 20.161 millóns de euros

05 de marzo de 2015

Un ano máis Mercadona procedeu a compartir o seu beneficio total entre os compoñentes da compañía: un 25% entre os seus traballadores en concepto de prima por obxectivos, outro 25% coa sociedade vía impostos, un 40% reinvestiuse para incrementar os recursos propios, e o resto repartiuse entre os accionistas vía dividendos.

  • O beneficio neto sitúase en 543 millóns de euros, un 5% máis que en 2013, o que representa un 2,9% da cifra de vendas.
  • Mercadona alcanza o seu récord investidor en 2014: o investimento xerado pola actividade de Mercadona ascendeu a 1.155 millóns de euros, dos que 655 millóns son investimentos directos e 500 millóns corresponden ao realizado polos fabricantes interprovedores
  • A aposta pola transformación dixital, simbolizada no seu novo Centro de Proceso de Datos, supón un investimento de máis de 120 millóns de euros.
  • A contribución tributaria de Mercadona elévase a 1.484 millóns de euros en 2014.

Mercadona incrementou en 2014 a súa facturación un 2%, ata alcanzar os 20.161 millóns de euros. No momento do peche do ano, o beneficio neto da compañía, que representa o 2,9% da cifra de vendas, foi de 543 millóns de euros, un 5% máis que en 2013. Tamén as vendas por volume aumentaron un 3%, ata os 10.103 millóns de quilos e litros (kilitros), grazas á confianza depositada polos máis de 4,9 millóns de fogares que realizan a compra nos seus supermercados.

A compañía rexistrou un investimento récord de máis de 655 millóns de euros, destinados á apertura de 60 novos supermercados, o que fixo medrar a súa rede ata os 1.521, e á reforma doutros 30. Outros investimentos significativos foron: a construción do Bloque Loxístico de Abrera (Barcelona), xa en funcionamento nunha primeira fase e o desenvolvemento e posta en marcha do novo Centro de Proceso de Datos, proxecto pioneiro que permitirá abordar a transformación dixital da compañía, cun investimento próximo aos 120 millóns de euros.

Igualmente, tal e como xa fixo o pasado ano, a compañía desagregou a cantidade correspondente á súa contribución tributaria co país, que en 2014 se elevou ata os 1.484 millóns de euros. Deste total, 639 millóns de euros corresponden á Seguridade Social, 236 ao imposto de sociedades, 533 á recadación do IVE e do IRPF, e 76 a outros impostos e taxas.

Aforro familiar: Prezos ao mesmo nivel que en 2012

A través de distintas iniciativas, Mercadona conseguiu baixar un 2% os prezos do seu Carro Menú en 2014. Segundo manifestou Juan Roig, "o noso compromiso como empresa para os nosos Xefes pasa por ofrecer o 'Carro Menú' con produtos de gran calidade ao mellor prezo. Isto levounos a que hoxe teñamos un prezo medio de venda ao mesmo nivel que en 2012.", obxectivo que enmarcou no"compromiso de que os seus clientes poden realizar en Mercadona a súa compra total ao mínimo custo mensual".

"Para iso, todos os que formamos Mercadona", continuou Juan Roig, "temos que ser conscientes de que para alcanzar os nosos obxectivos de vendas, beneficios e aperturas, debemos primeiro satisfacer as necesidades dos nosos Xefes, garantir o noso traballo diario e dispoñer dunha oferta eficaz que lle engada valor e pola que estea disposto a pagar".

Mercadona: Compartir o beneficio xerado

Un dos principios de Mercadona é que o éxito, se é compartido, sabe mellor. Por iso, en 2014, un ano máis, a compañía volveu compartir cos seus compoñentes o beneficio total obtido. Desta maneira o 25% repartiuse entre os seus traballadores (263 millóns de euros en concepto de prima por obxectivos), outro 25% coa sociedade (236 millóns de euros en concepto de imposto de sociedades), un 40% reinvestiuse (446 millóns de euros para incrementar os recursos propios da compañía), e o 10% restante repartiuse entre os accionistas vía dividendos.

Crecemento do 5% nas novas seccións de frescos

En 2014, a compañía seguiu avanzando nos seus novos modelos de venda de produtos frescos. No momento do peche do ano, todos os seus supermercados implantaran as novas seccións de forno e de froita e verdura de proximidade, tras dispoñer tamén, dende setembro de 2013, da nova sección de peixe fresco.

A nova xestión da oferta de frescos permitiu fortalecer as economías locais e impulsar produtos de proximidade, que tiveron unha grande aceptación entre os seus clientes. Esta aposta pola calidade e a proximidade contribuíu a que Mercadona incremente as vendas dos seus produtos frescos un 5%.

Neste sentido, a compañía manifestou que o crecemento constante e sólido debe ser unha das consecuencias da estreita colaboración que mantén cos máis de 6.000 agricultores, 4.000 gandeiros e 12.000 pescadores cos que a compañía traballa. Para iso, a relación ten que estar baseada no coñecemento mutuo dos procesos, o que permite continuar avanzando cara a unha CadeaAgroalimentaria Sostible de Mercadona de alta produtividade, co obxectivo común de ofrecerlles aos seus clientes o produto fresco coa maior calidade, ao mínimo prezo e coa máxima seguridade alimentaria, sempre

Un grupo industrial en España de máis de 220 fábricas

Co obxectivo de impulsar a iniciativa empresarial, valor diferencial clave no desenvolvemento dun país, os interprovedores que fabrican, entre outros, os produtos das marcas Hacendado, Bosque Verde, Deliplus e Compy, investiron en 2014 preto de 500 millóns de euros, destinados na súa maioría á apertura de novas fábricas e liñas de produción. Así mesmo, cerraron o exercicio cun cadro de persoal conxunto de 43.000 traballadores.

Este plan de investimentos sostido no tempo, e cuxa aceleración se produce en 2008, propiciou que actualmente Mercadona e os seus 120 interprovedores dispoñan de máis de 220 fábricas en España que configura un dos grupos agroalimentarios máis dinámicos e innovadores de Europa.

Compromisos 2015

En 2015, Mercadona ten previsto realizar un investimento aproximado de 650 millóns de euros, que se destinarán, fundamentalmente, á apertura de 60 novas tendas, a reforma de 30 supermercados, continuar coa construción do bloque loxístico de Abrera (Barcelona) e o inicio das obras do novo bloque loxístico en Vitoria-Gasteiz.

Juan Roig subliñou que "como presidente de Mercadona, é para min un orgullo poder contar co compromiso de 74.000 traballadores, 120 interprovedores, provedores e do sector primario que forma parte da Cadea Agroalimentaria Sostible de Mercadona. O seu esforzo, sen dúbida, é a causa dos extraordinarios resultados que a compañía presentou hoxe e o que nos ten que permitir seguir avanzando de forma sostida no desenvolvemento do proxecto empresarial conxunto".

MERCADONA: ALGÚNS FEITOS RELEVANTES EN 2014

  2013 2014 Observacións
Tendas 1.467 1.521 56 netas (60 aperturas // 6 peches)
Vendas c/IVE* 19.812 20.161 +2%
Unidades de venda “quilitros” ** 9.845 10.103 +3%
Compartir riqueza xerada:
Traballador (prima por obxectivos)* 257 263 +2%
Contribución tributaria* 1.465 1.484 +2%
Beneficio neto 515 543 +5% (2,9% s/vendas)
Investimento* 650 655 1%
R. Propios* 3.438 3.884 +14%
Cadro de persoal total da compañía 74.000 74.000 =

* En millóns de euros

** En millóns de quilos/litros

 

Juan Roig durante la presentación de resultados de Mercadona de 2014.Juan Roig durante a presentación dos resultados de Mercadona de 2014.

 

Juan Roig y los Miembros del Comité de Dirección de Mercadona durante la presentación de resultados de Mercadona de 2014.Juan Roig e os Membros do Comité de Dirección de Mercadona durante a presentación dos resultados de Mercadona 2014.