Entrada tenda

Actualización 3: Mercadona informa de que se adoptan as seguintes medidas, que entrarán en vigor desde mañá, Xoves 26 de marzo de 2020

25 de marzo de 2020

Cumprindo o Art.10.2 del RD 463/2020 polo que se declara o Estado de Alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.

 

  • Mercadona, co obxectivo de protexer a saúde e seguridade dos nosos clientes e traballadores ademais de asegurar o abastecemento das nosas tendas, informa de que procede a actualizar as medidas adoptadas os días 16, 19 e 23 de marzo, completándoas con outras medidas adicionais que entrarán en vigor o xoves 26 de marzo de 2020 e que para unha mellor identificación están subliñadas a continuación.

 

NOVAS MEDIDAS EN VIGOR DENDE O 01/06 NESTE ENLACE.

1.- RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA OS CLIENTES

  • Informarase aos clientes das recomendacións xerais para acudir a realizar o acto de compra, tanto a través dos membros do cadro de persoal como por medio de carteis, megafonía e redes sociais. Entre estas recomendacións están:
    • Acudir soamente unha persoa a realizar a compra (non en familia, ou con nenos ou grupos).
    • Non acudir a realizar a compra persoas que formen parte dos grupos de risco; anciáns, persoas con enfermidades crónicas…
    • Persoas que terán preferencia para acceder ás súas compras nas nosas tendas: maiores, persoas con discapacidade, con mobilidade reducida, embarazadas, e os acompañantes necesarios. Ademais dos colectivos anteriores, tamén terán preferencia o persoal sanitario, forzas de seguridade, bombeiros e persoal de atención social, debidamente acreditados.
    • Espazar a compra ao longo do día e non á hora de apertura do establecemento. Con iso, hai garantía de poder atender todos os clientes cada día. 
    • Por solidariedade, realizar a compra con axilidade e rapidez.
    • Non almacenar innecesariamente produtos: a subministración de produtos de primeira necesidade está máis que garantida.
    • Pagar preferentemente con tarxeta e evitar o uso de diñeiro en efectivo.
    • A responsabilidade última de cumprir as recomendacións de distancia, aforo máximo, etc. implantadas recae nas propias persoas que deben respectalas. Así como utilizar guantes para manipular os produtos perecedoiros e que están á súa disposición no centro.
  • Así mesmo, e co obxectivo de continuar atendendo os colectivos máis desfavorecidos, reactívanse os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

2.- MEDIDAS NOS SUPERMERCADOS

  • AFORO: Controlarase o aforo dos supermercados e sinalizarase a distancia mínima esixida entre persoas.
    • A responsabilidade de ordenar o aforo interior da tenda será do responsable do establecemento e, se é o caso, da persoa ou do axente de seguridade privada designado por el.
    • Cada establecemento terá concretado o aforo máximo que garanta a distancia preventiva de 1 metro entre calquera persoa. Así mesmo, contará co aforo máximo permitido, cumprindo coa normativa de forma que non se permitirá o acceso unha vez completo o devandito aforo, mentres non abandonen o establecemento outros clientes. 
    • Na vía pública de acceso a cada supermercado estará marcada unha distancia mínima de 1 metro para as persoas que esperen a súa quenda de entrada ás portas dos supermercados, que deberá respectarse para poder acceder a este.
  • INTERIOR DO LOCAL: garantirase a separación mínima dun metro entre clientes con recomendacións do persoal do establecemento, co apoio de carteis reforzando estas medidas, e tamén estarán marcados os límites de 1 metro no chan da sección de Peixería e nas liñas de caixas.
  • HORARIO: o horario de apertura será de 09:00 a 19:00 horas. Non obstante, e dada a excepcionalidade da situación, irase adaptando ás circunstancias cambiantes, modificacións que, de levarse a cabo, serán comunicadas en cada momento.

3.- ABASTECEMENTO e OFERTA

  • As tendas permanecerán abastecidas reforzando e garantindo a subministración de produtos básicos e de primeira necesidade, para que os nosos clientes poidan realizar a súa compra diaria.
  • Co obxectivo de protexer a seguridade alimentaria, non se admitirán, en ningún caso e baixo ningún concepto, devolucións de produto.

4.- RECOMENDACIÓNS e MEDIDAS INTERNAS

Co obxectivo de reforzar as medidas de seguridade e saúde para os nosos “Xefes” e traballadores, dende o luns 23 de marzo de 2020 e durante a semana, vaise proceder á instalación progresiva de láminas de metacrilato de protección/separación na sección de caixas de todos os supermercados.

Así mesmo, Mercadona adoptou medidas internas para reforzar a saúde e seguridade dos seus traballadores, entre as que se encontra a entrega por parte da empresa dos utensilios de hixiene e prevención necesarios tanto en tendas como en bloques loxísticos e almacéns, e a adopción dos criterios específicos respecto á saúde, garantindo distancias e aforos en todas as súas dependencias.

Igualmente, reforzáronse os procesos de desinfección e limpeza diarios das nosas instalacións (tendas, bloques loxísticos e almacéns), con servizos externos.

Tamén se procedeu á instalación en cada supermercado de xel desinfectante e papel para que os clientes poidan proceder á limpeza do mango do carro, reforzando a súa hixiene. Así mesmo, adóptase a medida de uso obrigatorio de guantes por parte dos clientes, do mesmo tipo que se utilizan na sección de Froita e Verdura, que a compañía poñerá tamén á súa disposición nos accesos aos supermercados.

Nestes momentos, e de acordo coa situación excepcional na que está inmersa o país, en Mercadona estamos adoptando estas medidas excepcionais para colaborar e facer fronte a esta crise. Rogámoslles aos nosos clientes a máxima colaboración no cumprimento das devanditas medidas.

ISTO NON TEN QUE PARAR. RACIONALICEMOS O MEDO. ISTO PASARÁ.

Isto no ten que parar. Recionalicemos o medo

Cartel en español:

Protejamos nuestra salud

 

Nuevas medidas cajas Covid-19Pantalla de protección na sección de caixas.

 

  Cartel en español:

Medidas desinfección carros Mercadona

 

  Cartel en español:

Medidas salud Mercadona Mediadas protección salud Mercadona

 

  Cartel en español:

Medidas seamos responsables

 

 Cartel en español:

Protejamos la salud de los trabajadores

 

  Cartel en español:

Distancia de seguridad Mercadona