O novo Concentrado Meso-Anticelulítico dispoñible na sección Perfumería de Mercadona

Á venda a edición limitada de Concentrado Meso-Anticelulítico de Mercadona

23 de abril de 2020
  • Trátase dun novo tratamento para combater de forma intensiva a celulite cunha tripla acción lipolítica, reestruturante e reafirmante.
  • O produto forma parte dunha colección exclusiva de 100.000 unidades, dispoñible en toda a cadea dende finais do mes de marzo.
  • O Provedor Totaler RNB é o responsable de fabricar, baixo a marca Deliplus, este produto nas súas instalacións situadas en La Pobla de Vallbona (Valencia).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, pon á venda unha colección limitada do Concentrado Meso-Anticelulítico, un novo produto para combater de forma intensiva a celulite cunha tripla acción lipolítica, reestruturante e reafirmante. Esta novidade forma parte dunha colección exclusiva de 100.000 unidades que a compañía puxo á venda en toda a cadea dende finais do mes de marzo.

O Concentrado Meso-Anticelulítico de Mercadona, elaborado baixo a marca Deliplus polo Provedor Totaler RNB nas súas instalacións de La Pobla de Vallbona (Valencia), véndese nunha caixa con 14 ampolas e ten dúas formas de uso, como tratamento de choque durante 14 días aplicado directamente sobre a pel, ou ben, como tratamento de mantemento mesturándoo coa crema habitual.

A principal característica do Concentrado Meso-Anticelulítico de Mercadona, dispoñible na sección Perfumería, son os principios activos que o forman. En concreto, este concentrado está formado por cafeína e carnitina, que achegan unha acción lipolítica e queimagraxas; por extracto de folla de alcachofa, caracterizada por ser drenante e tonificante; por silicio orgánico, aceite de soia, ácido hialurónico de baixo peso molecular e centella asiática, principios destacados polo seu efecto reestruturante e remodelante; por un cóctel de vitaminas antioxidantes (A, C, E, B3), extracto de raíz de cúrcuma Longa e Epigalocatequingalato, porque teñen unha acción renovadora e antioxidante; por quelante do ferro, que actúa como un imán que elimina o ferro acumulado en exceso no tecido graxo, responsable da inflamación propia da celulite; e por ribosa, que acelera o metabolismo das células.

O novo Concentrado Meso-Anticelulítico dispoñible na sección Perfumería de MercadonaO novo Concentrado Meso-Anticelulítico dispoñible na sección Perfumería de Mercadona.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará