Colección Éclat, dispoñible na Perfumería de Mercadona

A Perfumería de Mercadona pon á venda ‘Éclat’, a súa nova colección limitada do Nadal

01 de decembro de 2022
  • A colección está composta por distintos produtos como un perfilador de ollos, eau de parfum, laca de uñas, neceser con brochas, barras de labios, iluminador e unha paleta de rostro e outra de sombras.
  • Provedores Totaler como WeColors en Vilassar de Dalt (Barcelona), RNB en La Pobla de Vallbona (Valencia) ou Youcosmetics en Gava (Barcelona), entre outros, elaboran estes produtos.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, ofrécelles aos “Xefes” (clientes), dende mediados de novembro e ata fin das existencias en todas as súas tendas, a colección ‘Éclat’, unha edición limitada para o Nadal dispoñible na Perfumería.

A colección está elaborada por unha ampla variedade de Provedores Totaler situados en distintos puntos, como por exemplo WeColors en Vilassar de Dalt (Barcelona), RNB en La Pobla de Vallbona (Valencia) ou Youcosmetics en Gava (Barcelona), entre outros.

Varios son os produtos que compoñen a colección de ‘Éclat’ de Mercadona, dende o seu eau de parfum con toques a froita e florais, ata un iluminador de textura lixeira pensado para achegar luz en zonas como o rostro, os ombros, o escote e as pernas.

Así mesmo, tamén hai un neceser con seis tipos distintos de pinceis, aptos para calquera tipo de textura; laca de uñas; barras de labios de alta cobertura, de acabado brillante e de textura cremosa para uns labios a toda cor; unha paleta de sombras e outra de rostro, as dúas con espello no seu interior e cun imán situado na base de cada unha das pezas para poder convertelas nunha única paleta; ou ben, un perfilador de ollos negro con escintileos de prata que contén afialapis. 

Colección Éclat, dispoñible na Perfumería de MercadonaColección Éclat, dispoñible na Perfumería de Mercadona.