A crema Green Caviar de Deliplus, co seu tarro baleiro e o seu recambio

A nova crema Green Caviar Deliplus achega unha hidratación duradeira para a pel fronte ao frío

11 de xaneiro de 2023
  • As baixas temperaturas secan a pel e esta crema facial antiidade con alga caulerpa lentillifera rexenéraa e estimula a xeración de coláxeno, ademais de achegar unha gratificante sensación de confort.
  • Para reducir o desperdicio de envases e abaratar a compra do “Xefe” (cliente), esta crema está dispoñible en formato recambio para introducir no seu tarro de vidro, que se vende baleiro por separado.
  • O Provedor Totaler RNB fabrica este produto nas súas instalacións de La Pobla de Vallbona (Valencia).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, ofrécelles aos “Xefes” (clientes) un extra de hidratación para o rostro para facer fronte ao frío coa súa nova crema Green Caviar Deliplus. De rápida absorción, achega unha sensación de confort á vez que rexenera a pel e estimula a síntese de coláxeno grazas á súa elaboración coa alga caulerpa lentillifera, con propiedades antiidade, reafirmantes, antioxidantes, antiinflamatorias e higroscópicas

A crema Green Caviar de Mercadona véndese en recambios que axustan co seu tarro de vidro, que se vende por separado, para reducir o desperdicio de envases. Comprometida cos principios da Economía Circular, Mercadona aposta polos recambios nos seus produtos de Perfumería para reducir plástico e os seus residuos.

Este produto fabrícase nas instalacións do Provedor Totaler RNB de La Pobla de Vallbona (Valencia).

A crema Green Caviar de Deliplus, co seu tarro baleiro e o seu recambioA nova crema Green Caviar de Deliplus, co seu tarro baleiro e o seu recambio.