Bebida de abelás e arroz de Mercadona

A nova bebida de abelás e arroz de Mercadona sorprende aos clientes polo seu sabor a bombón

29 de xuño de 2021
  • A cremosidade e a ausencia de azucres engadidos son tamén outros atributos altamente valorados polo consumidor durante as sesións de coinnovación que a compañía realizou con este produto antes de poñelo á venda.
  • O Provedor Totaler Frias Nutrición é o responsable de elaborar esta bebida vexetal nas súas instalacións de Burgos.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, incorporou unha nova bebida vexetal de Hacendado na súa oferta, composta por abelás e arroz. Esta novidade, desenvolvida en colaboración cos seus “Xefes” (clientes) a través das sesións de coinnovación que a compañía realiza cos produtos antes de poñelos á venda, sorprendeu polo seu sabor doce -similar ao dun bombón-, así como pola súa cremosidade e ausencia de azucres engadidos.

Esta bebida de abelás e arroz de Hacendado, dispoñible nas máis de 1.600 tendas que a compañía ten en España e Portugal, é elaborada polo Provedor Totaler Frias Nutrición nas súas instalacións situadas en Burgos.  

Bebida de abelás e arroz de Hacendado nun supermercado de MercadonaBebida de abelás e arroz de Hacendado nun supermercado de Mercadona.

Bebida de abelás e arroz de MercadonaBebida de abelás e arroz de Mercadona.