AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Exterior tenda Mercadona

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo e Mercadona asinan un convenio de colaboración

08 de outubro de 2019
  • A compañía doa 7.800 quilos de produtos de primeira necesidade para que o banco de alimentos poida distribuílos entre as familias máis vulnerables.

  • Mercadona doou máis de 710 toneladas de alimentos en 2018 a diversas entidades benéficas e comedores sociais de Galicia.

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo e a compañía de supermercados Mercadona asinaron un convenio de colaboración que formaliza a súa relación, e segundo o que, a empresa comprométese a colaborar co labor que leva a cabo a Fundación doando alimentos de primeira necesidade. Pola súa parte, o Banco de Alimentos comprométese a distribuír estes produtos entre as persoas máis necesitadas da provincia de Pontevedra, garantindo as condicións adecuadas para que poidan chegar ao consumidor en perfecto estado.

O convenio ten como finalidade reforzar a relación que Mercadona mantén co Banco de Alimentos, ao que durante a sinatura lle entregou unha doazón de 7.800 quilos de alimentos de primeira necesidade. Ademais, colaborará un ano máis na Gran Recollida Solidaria da provincia de Pontevedra que organiza o banco e que se desenvolverá a finais de novembro. Na Gran Recollida do pasado ano os clientes de Mercadona doaron máis de 36.700 quilos de produtos básicos nas tendas de Pontevedra.

Tras a sinatura do documento de colaboración, o presidente do Banco de Alimentos, Pedro Pereira, agradeceu “a implicación solidaria” demostrada por Mercadona coa ONG e lembrou “a necesidade de seguir arroupando ás persoas máis desfavorecidas nun contexto, sen dúbida, de melloría macroeconómica, pero lonxe aínda de alcanzar a todas as familias da nosa sociedade”.

Por parte de Mercadona, a xerente de Relacións Externas en Galicia, Mariña Rivas,  agradeceulle ao Banco de Alimentos de Vigo “o seu gran traballo na provincia en favor dos máis necesitados", afirmando que o convenio "é a nosa achega ao importante labor de voluntariado que desenvolven os bancos de alimentos".

Durante os seis primeiros meses de 2019, a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo repartiu preto de 1,1 millóns de quilos. Con respecto ao ano pasado, entregou arredor de 1,8 millóns de quilos de comida (1.760,629 quilos), a través dos 150 colectivos sociais cos que traballa, e cubriu o 35% das necesidades das persoas máis desfavorecidas ás que axuda.

A ONG, creada en 1995, apolítica e aconfesional, dedica os seus esforzos a facer cumprir un dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable de maneira gratuíta. Dende 2014, a entidade conta con delegación propia en Pontevedra.

Pedro Pereira e Iván Martínez, Presidente e Vicepresidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo, xunto a Mariña Rivas, Xerente de RR.EE de Mercadona en GaliciaPedro Pereira e Iván Martínez, Presidente e Vicepresidente da Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo, xunto a Mariña Rivas, Xerente de RR.EE de Mercadona en Galicia.

Compromiso social: "Devolverlle á sociedade parte de canto recibe dela"

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolverlle parte de canto recibe dela. Por iso, dentro do seu Plan de Responsabilidade Social e co fin de contribuír ao desenvolvemento e progreso sostible da sociedade da que forma parte, doou máis de 710 toneladas de alimentos a doce comedores sociais e outras institucións benéficas galegas como Bancos de Alimentos ou Cáritas durante 2018.

Doazóns de alimentos de Mercadona en España

Mediante o seu plan de acción social, Mercadona ten o compromiso de devolverlle á sociedade parte do que recibe dela, por iso apoia e colabora con diversas institucións e entidades sociais que axudan a moitas persoas en España. En 2018, a través de distintas iniciativas, a compañía doou 8.300 toneladas de produtos a bancos de alimentos, comedores sociais e outras entidades benéficas, o que equivale a 140.000 carros da compra.